Didáctica da Lingua e da Literatura
A área de Didáctica da lingua e da literatura atópase nunha fase de reestruturación por mor dos cambios que se están a producir no colectivo de docentes-investigadores e tamén polo proceso de adaptación aos novos títulos cos que está máis vinculada (os graos en Mestre de educación infantil e primaria e o máster en Profesorado de educación secundaria).
Polo dito no parágrafo anterior, as liñas de investigación desenvolvidas ata o momento están máis relacionadas con traxectorias individuais ca con proxectos identificables globalmente coa área. A intención para o futuro inmediato é ir construíndo unha cultura de traballo colectivo arredor de temáticas de gran proxección académica e social como son a educación plurilingüe, a avaliación de competencias lingüísticas, o traballo interlingüístico e a educación literaria ou a expresión dramática.