Seminario a cargo dos Dres. Benito Arias e Víctor Arias

O pasado venres 23 de febreiro tivo lugar un seminario para profesorado e investigadores/as en formación a cargo dos Dres. Benito Arias Martínez (Universidade de Valladolid) e Víctor Arias González (Universidade de Salamanca). Un encontro no que proporcionaron estratexias para mellorar a calidade das publicacións e as posibilidades de publicar en revistas de alto impacto.

Seminario “Publicar en revistas de impacto”

O día 23 de febreiro terá lugar o seminario “Publicar en revistas de impacto”, impartido polos Dres. Benito Arias Martínez (Universidade de Valladolid) e Víctor Arias González (Universidade de Salamanca). O seminario celebrarase na aula 51 da Facultade de Ciencias da Educación (C. Norte), en horario de mañá (9:00 a 14:00).

DEFENSA DE TESE DE DOUTORAMENTO “O desenvolvemento das prácticas científicas de construción e uso de modelos e probas: un estudo lonxitudinal en educación infantil”

O vindeiro mércores 28 de febreiro terá lugar a defensa da tese de doutoramento titulada “O Desenvolvemento Das Prácticas Científicas De Construción E Uso De Modelos E Probas: Un Estudo Lonxitudinal En Educación Infantil” por unha das compañeiras do grupo RODA. A tese ten como obxectivo examinar a participación do alumnado de educación infantil nas … Ler máis