Curso sobre Proxectos de investigación na aula de Ciencia

Hoxe, ás 16 horas, no IES Nº 1 de Ribeira, a profesora de Didáctica de Ciencias do GI RODA, Blanca Puig, impartirá un curso de tres horas para o Club de Ciencia deste centro sobre “Como desenvolver e integrar os Proxectos de Investigación na Ensinanza desde un enfoque interdisciplinar”.  No curso participarán docentes de distintas … Ler máis

Proxecto: “Ferramentas didácticas en biotecnoloxía para o alumnado de formación profesional”

Os alumnos do Ciclo Superior de Laboratorio Clínico e Biomédico do CIFP Politécnico de Lugo inician o proxecto “Ferramentas didácticas en biotecnoloxía para o alumnado de formación profesional” seleccionado na Convocatoria Axudas Dualiza CaixaBank e FP Empresa desenvolto pola profesora-colaboradora de RODA, Sabela Fernández Vila, e no que participan membros do grupo de investigación RODA, … Ler máis