Última reunión transnacional – Proxecto Europeo P2D

Paloma Blanco Anaya e Blanca Puig, profesoras e investigadoras da área de Didáctica de Ciencias Experimentais, participan en Izmir, Turquía, estes días na última reunión do Proxecto Europeo Erasmus + P2D sobre Design-Based Pedagogy na formación STEM. Nesta reunión participan os distintos equipos do proxecto co fin de discutir resultados de investigación e transferencia relacionados … Ler máis

Conferencia 30/03/23: Investigación e innovación en Didácticas Específicas

O 30 de marzo de 2023 a profesora Blanca Puig Mauriz, da área de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC, impartirá unha conferencia sobre “Investigar a práctica de pensamento crítico no ensino e aprendizaxe de problemas socio-científicos”. Trátase dunha colaboración coa Universidade de Vigo. Data: 30.03.23 Lugar: Aula 10 Facultade: Facultade de Ciencias de Educación … Ler máis

Defensa pública da tese de doutoramento (Lucía Casas Quiroga)

O vindeiro venres, 17 de marzo, terá lugar a defensa da tese de doutoramento titulada “Secondary students’ epistemic performances in argumentation and inquiry practices within the context of food safety” por unha das compañeiras do grupo RODA. Trátase dunha tese realizada no marco dun contrato predoutoral competitivo da Xunta de Galicia e con Mención internacional. … Ler máis