Didáctica da Lingua e da Literatura
A área de Didáctica da Lingua e da Literatura atópase nunha fase de reestruturación polos cambios que se están a producir no grupo de profesores-investigadores e tamén polo proceso de adaptación ás novas titulacións coas que está máis vinculada. (títulos en Mestrado en Educación Infantil e Primaria e Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria).
Como se indicou no parágrafo anterior, as liñas de investigación desenvolvidas ata o momento están máis relacionadas con traxectorias individuais que con proxectos globalmente identificables coa zona. A intención para o futuro inmediato é construír unha cultura do traballo colectivo arredor de temas de gran proxección académica e social como a educación plurilingüe, a avaliación da competencia lingüística, o traballo interlingüístico e a educación literaria ou a expresión dramática. Equipo