Novo libro en editorial Graó

Acábase de publicar un novo libro da editorial Graó, titulado Pensar cientificamente. Problemas sistémicos e acción crítica. As compañeiras da área de Didáctica das Ciencias Experimentais e autoras do libro, Blanca Puig, Beatriz Crujeiras e Paloma Blanco, forman parte da súa coordinación. Este libro reúne unha serie de propostas didácticas con recursos innovadores e actividades … Ler máis

Proxecto Europeo SciLMil

Blanca Puig e Inés Martínez Pena (posdoctoranda) atópanse en Innsbruck, na primeira reunión presencial do proxecto europeo SciLMil.

Publicación dun novo número da revista Didáctica das Ciencias Experimentais e Sociais

Recentemente publicouse un novo número da revista “Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales” sobre experiencias e investigacións relacionadas coa didáctica das Ciencias Experimentais e Sociais. As compañeiras da área de Didáctica de Ciencias Sociais, Belén Castro Fernández e Julia Feijóo Outumuro, publicaron un artigo titulado “El mar en Galicia: Aproximación a su dimensión patrimonial … Ler máis

Obradoiro técnico sobre a toniña: educación ambiental

O 20 de outubro, a profesora Blanca Puig, da área de Didáctica de Ciencias Experimentais, desenvolverá a actividade “Dende as candorcas ata a vida mariña en suspensión. Promover a Cultura Oceánica” no marco duns obradoiros de educación ambiental, organizados, organizados polo CEMMA.