O seminario sobre a Guerra Civil: coñecemento compartido

seminario 2

Onte ao seminario-debate sobre a historiografía arredor da Guerra Civil asistiron máis dunha vintena de docentes de secundaria e investigadores. Os nosos parabéns e agradecemento ao traballo do historiador Antonio Míguez Macho (Histagra). Esperamos contar con el en vindeiras ocacións e que volvan darse encontros e debates deste tipo.

I Seminario de Didáctica das Ciencias Experimentais e as Matemáticas

O centro Cultural e Educativo Español “Reyes Católicos” de Bogotá (Colombia) organiza o “I Seminario de Didáctica das Ciencias Experimentais e as Matemáticas” no que a profesora Blanca Puig participa como ponente e docente dun obradoiro sobre Cuestións Socio-Científicas e Prácticas Científicas. Máis información: Páxina web aquí.