Seminario de Jesús Domínguez Castillo: Competencias e Avaliación de coñecementos históricos do alumnado de ESO

Jesús Domínguez Castillo, profesor da Universidade Nebrija de Madrid e colaborador do Institudo de Avaliación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, estára na Facultade de Ciencias de Educación do Campus Norte o próximo luns 13. Impartirá o seminario Competencias e Avaliación de coñecementos históricos do alumnado de ESO na Sala de Xuntas ás 17:00hs. … Ler máis

Celebración do día Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Para conmemorar a celebración do “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia”, a área de Didáctica da Matemática organiza unha conferencia o xoves día 9 de febreiro ás 16:00 h. no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo que será impartida por Victoria Otero Espinar, Decana da Facultade de … Ler máis

O GI-RODA participou no CERME (Congress of European Research in Mathematics Education) en Dublín

Os profesores e investigadores do GI-RODA Pablo González Sequeiros e Teresa Fernández Blanco da Área de Didáctica da Matemática participaron do día 1 ao 5 de febreiro no 10th Congress of European Research in Mathematics Education (CERME) celebrado en Dublín coa comunicación e presentación do traballo “A scale cognitive configurations for tasks requiring visualization and … Ler máis

Marilar Aleixandre, membro do GI-RODA, ingresou o pasado 14 de xaneiro na Real Academia Galega co discurso “Voces termando da paisaxe galega”

O pasado 14 de xaneiro Marilar Aleixandre, membro da área de Ciencias Experimentais do GI-RODA, entrou na Real Academia Galega cun discurso de ingreso titulado “Voces termando da paisaxe”. Un discurso feminista que misturou a lingua, a paisaxe e a natureza. Para ler o discurso íntegro e a resposta de Fina Casalderrey, fai click aquí.