10.05.23: Seminario “Design Based Research”

A próxima semana, o mércores día 10 de maio, ás 11:00 horas organizaremos un Seminario en inglés “Design Based Resarch”, que impartirá o investigador en didáctica de ciencias, Ibrahim Delen,  da Universidade de Usak (Turquía), IP do proxecto Europeo P2D “Progression and Pedagogy of Design : Contextualizing Design Based pedagogy in Teacher Education programs”, con motivo da súa visita e estancia de investigación na área de Didáctica de Ciencias Experimentais.

O seminario será presencial, na sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, Santiago.

O investigador compartirá o marco de traballo sobre “Enfoque de Deseño” que define o proxecto que lidera, de gran utilidade e aplicabilidade para as nosas áreas de coñecemento.