Data: 14/06/2023. Impartido por Cosme Gómez Carrasco, Universidad de Murcia. Duración: 3 horas. Lugar: Facultade de Ciencias da Educación.
Mércores 14 de xuño de 16:30 a 19:30hFacultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)-Avda. Xoán XXIII s/n Santiago de CompostelaImpartido por Cosme Gómez Carrasco da Universidade de Murcia
Cosme Gómez Carrasco presentará datos concretos dun estudo no que se verifica empiricamente en que medida melloran os resultados entre estudantes de secundaria cando se introducen nas aulas determinadas estratexias de aprendizaxe para desenvolver competencias. Realizouse en varios grupos con 200 estudantes. Os resultados aportan probas sobre a eficacia de determinados recursos e formas de organizar a docencia. O estudo céntrase na educación histórica, aínda que pode ser de utilidade tamén para outros campos de coñecemento nestes tempos nos que están en discusión e proceso de aplicación cambios no noso sistema educativo.
A entrada é aberta a profesorado interesado de secundaria, bacharelato e universitario en formación ou en exercicio. O prazo para cubrir o formulario de inscrición remata o luns 12 ás 14:00h: https://forms.office.com/e/S6cyMLzve5
Organiza o Grupo RODA da Universidade de Santiago de Compostela, que forma parte da RED 14. Red de investigación no ensino das Ciencias Sociais (RED2022-134252-T. MINECO/AEI).
Directores do Seminario: Ramón López Facal (ramon.facal@usc.es) e Belén Castro Fernández (belen.castro@usc.es)
Este evento académico foi grazas aos proxectos PDC2022-133041-I00, financiado por MCIN/AEI/10.13039/501100011033 e pola Unión Europea NextGeneration EU./PRTR, ao proxecto PID2020-113453RB-I00, ao proxecto 2020-1-ES01-KA226-HEI-095430, financiado polo SEPIE na convocatoria ERASMUS+ KA226, e á Axuda de Recualificación do Profesorado Universitario, financiado polo Ministerio de Universidades e pola Unión Europea – NextGenerationEU.