O venres 20 de maio celébrase no CEMMA, nunhas Xornadas orientadas ao profesorado sobre a problemática das candorcas, un de Educación Ambiental sobre a Interacción das Candorcas e os Veleiros.
Neste obradoiro participan compañeiros/as da área de Didáctica de Ciencias Experimentais presentando un proxecto didáctico sobre como promover a cultura oceánica para comprender o papel das candorcas e protexer a saúde oceánica.
Trátase dun proxecto desenvolvido por Blanca Puig e Noa Ageitos en colaboración con CEMMA e cultura científica do CSIC. Este proxecto foi implementado en aulas de secundaria de Galicia cuxos resultados son obxecto de análise polas investigadoras RODA. A inscrición a estas xornadas é gratuita.