O pasado xoves e venres, 29 e 30 de setembro, cinco dos nosos membros de RODA tiveron o pracer de formar parte da 3ª Reunión Científica e Escola de Doutorado Red-14 en Madrid. Tanto os/as doutorandos/as, Julia Feijóo Outumuro, Manuel Barreiro Mariño e Mar Bóveda López, como os/as directores das súas teses, Belén Castro Fernández e Ramón López Facal, participaron activamente nesta reunión, compartindo os/as doutorandos/as as súas investigacións co resto de compañeiros/as doutras universidades de España, mentres que os/as IPs reuníronse para ver como avanzar coa Red-14. Todos/as os doutorandos/as puideron gozar de varios relatorios que servirán de axuda para a elaboración das súas teses de doutoramento, sendo Ramón Facal o primeiro en iniciar esta reunión.
Esta reunión serviu, sobre todo, para o intercambio produtivo de ideas entre os/as doutorandos/as e a creación de contactos con persoas doutras universidades de España, sendo isto un punto positivo nas investigacións en curso.
O ano que vén toca repetir esta experiencia inesquecible e enriquecedora en Barcelona!