Artigo publicado en Frontiers

Recentemente publicouse un artigo en Frontiers, titulado Exploring primary preservice teachers’ agency and systems thinking in the context of the COVID-19 pandemic, no cal se leva a cabo unha investigación sobre o Pensamento Sistémico e a Axencia en contextos de saúde como a COVID-19. Trátase dun Special Issue, coordinado pola recoñecida investigadora Olivia Levrini.

Esta publicación foi elaborada, conxuntamente por autoras de dúas universidades: UPV e USC. A investigadora da UPV, Araitz Uskola, é tamén colaboradora do grupo de investigación RODA da USC. A segunda investigadora, Blanca Puig, pertencente á USC, é a coordinadora do GI-RODA.