Recentemente publicouse en “The Conversation” o artigo “Si la salud es una sola, ¿por qué la enseñamos por partes?”. Este foi elaborado pola profesora Blanca Puig (Universidade de Santiago de Compostela), xunto coa profesora Araitz Uskola (Universidade do País Vasco) e a colaboladora Inés Mártinez (Universidade de Santiago de Compostela), as tres pertencentes á área de Didáctica das Ciencias Experimentais.
Este artigo fai referencia á interdependencia existente entre a saúde humana, a saúde animal e a saúde ambiental, tamén nomeada como “Una sola salud” (One Health) pola Organización Mundial da Saúde (OMS).