Charla +Ciencia: RESISTENCIA A ANTIBIÓTICOS

O sábado 17 de febreiro de 11 a 13 horas, terá lugar no MHN esta charla organizada pola Asociación de Amigos do MHN coas ponentes Inés Martínez Pena e Blanca Puig Mauriz.


A saúde humana, a dos animais e o equilibrio dos ecosistemas son interdependentes e a relación entre coñécese como “Unha saúde” (One health). A relación actual entre elas depende da globalización, as migracións, a mobilidade humana por todo o planeta, o cambio climático, a deforestación, a gandería intensiva, a contaminación ambiental…


Inés Martínez Pena, bióloga e doutora en Medicina Molecular, e Blanca Puig Mauriz, bióloga e doutora en Didáctica das Ciencias, falarán deste concepto na aprendizaxe de ciencias entre os estudantes de Educación Secundaria.

  • Actividade dirixida a adultos maiores de 14 anos.
  • O prezo é de 5€ por persoa, membros da AAMHN, de balde.
  • Inscricións: amhnusc@gmail.com