Investigadoras e investigadores RODA da área de Didáctica das Ciencias Experimentais participan estes días no Congreso Internacional NARST, en Vancouver, Canadá, de maneira presencial e virtual. Os traballos que se presentan forman parte de investigacións desenvoltas por Noa Ageitos, Blanca Puig, Pablo Brocos Mosquera e María Pilar Jiménez Aleixandre.
O traballo que presentan en Vancouver Noa Ageitos e Blanca Puig versa sobre a aprendizaxe de evolución mediante a elaboración de modelos polo alumnado. As investigadoras presentan resultados de aula sobre como os modelos apoian os procesos de razoamento en evolución nun contexto socio-científico.
Pablo Brocos e María Pilar Jiménez Aleixandre presentan de maneira virtual unha comunicación dentro do ” Invited ESERA Simposium sponsored by the International Committee”. O traballo versa sobre argumentación socio-científica e foi seleccionado pola súa calidade científica para este congreso.