Conferencia – Prerrequisitos básicos para a adquisición da lectoescritura na etapa de Educación Infantil

O luns, 18 de outubro  de 2021, terá lugar, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado, a conferencia organizada por Noelia Estévez Rionegro (investigadora do Grupo de Investigación RODA) e Susana Cid Fernández (investigadora do grupo de Investigación NeuCogA- Aging).

A poñente Verónica Rúa Garrido, filóloga e pedagoga terapéutica do ensino primario, impartirá esta conferencia que se titula “ Prerrequisitos básicos para a adquisición da lectoescritura na etapa de Educación Infantil. Unha ollada práctica desde a realidade das aulas”