Curso de Verán: Xornadas internacionais sobre museos e educación. Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento de dereitos culturais

O grupo RODA organiza, xunto co grupo DICSO da Universidade de Murcia e a Rede Museística de Lugo, o seguinte curso de verán: Xornadas internacionais sobre museos e educación. Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento de dereitos culturais.

Os obxectivos do curso son: impulsar a creación de narrativas alternativas sobre temáticas sociais a partir do patrimonio cultural en colaboración entre departamentos de educación de museos, grupos de investigación universitarios e profesorado innovador de educación secundaria; e presentar situacións de aprendizaxe baseadas en recursos de museos para traballar varios ODS, principalmente os de igualdade de xénero, redución de desigualdades, ou saúde e benestar.

Matrícula na actividade: 15/05/2024 – 21/06/2024

Desenvolvemento da actividade: 03/07/2024 – 05/07/2024

Lugar de celebración: Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, Museo fortaleza San Paio de Narla

Número total de prazas: 25

Prezo único (prezo total da actividade): 70€

Taxa reducida (Aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC) : 40 €