Hoxe, ás 16 horas, no IES Nº 1 de Ribeira, a profesora de Didáctica de Ciencias do GI RODA, Blanca Puig, impartirá un curso de tres horas para o Club de Ciencia deste centro sobre “Como desenvolver e integrar os Proxectos de Investigación na Ensinanza desde un enfoque interdisciplinar”. No curso participarán docentes de distintas áreas, desde Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Filosofía, Historia, etc.
Neste curso, a ponente, compartirá exemplos de investigacións realizadas na área de Didáctica de Ciencias estes últimos anos, sendo o “océano” e as problemáticas que lle afectan, tema que investiga B. Puig en colaboración con investigadores/as de ciencias mariñas do CSIC e docentes de Galicia estes últimos anos, a principal cuestión a tratar neste curso. Trátase dunha actividade de transferencia do GI RODA, no marco de traballo dos Clubs de Ciencia en centros de Galicia.
