O mércores, 2 de novembro de 2022, a profesora Belén Castro Fernández, da área de Didáctica das Ciencias Sociais, tivo a defensa da praza de Profesora Titular. Durante esta defensa, presentou dous proxectos: un proxecto docente centrado na materia Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Sociais II (do Grao de Mestre en Educación Primaria), e un proxecto innovador relacionado coa Educación Patrimonial, concretamente, co proxecto educativo que estivo levando a cabo durante varios anos relacionado co caso de Portomarín.
Finalmente, obtivo con excelencia a praza que xa merecía desde hai moito tempo.
Parabéns de parte de todo o grupo RODA!