Defensa pública da tese de doutoramento (Inés Mosquera Bargiela)

O vindeiro venres 8 de abril terá lugar a defensa da tese de doutoramento titulada “Pensamento crítico e prácticas científicas na formación do profesorado e a súa implicación na aula de infantil: indagando sobre a caída de obxectos” por unha das compañeiras do grupo RODA.

Autora: Dona Inés Mosquera Bargiela
Directoras: Dona Blanca Puig Mauriz e Dona Paloma Blanco Anaya
Data e hora: Venres 8 de abril, 17.00 h
Lugar: Sala de Xuntas (aula María Barbeito). Facultade de Ciencias da Educación. Campus Norte.