O vindeiro venres, 17 de marzo, terá lugar a defensa da tese de doutoramento titulada “Secondary students’ epistemic performances in argumentation and inquiry practices within the context of food safety” por unha das compañeiras do grupo RODA. Trátase dunha tese realizada no marco dun contrato predoutoral competitivo da Xunta de Galicia e con Mención internacional.
Autora: Dona Lucía Casas Quiroga
Directora: Dona Beatriz Crujeiras Pérez
Data e hora: Venres, 17 de marzo, ás 11.00h
Lugar: Sala de Xuntas (Aula María Barbeito). Facultade de Ciencias da Educación. Campus Norte.