“DENDE O PATIO AO BARRIO. A HISTORIA DUNHA TRANSFORMACIÓN”

O profesor Humberto Sánchez Gargamala, colaborador do GI Roda, está levando a cabo, cos seus alumnos de 2º de ESO do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, un proxecto de innovación educativa sobre Paisaxe e Sustentabilidade. O proxecto trabállase desde a materia Paisaxe e Sustentabilidade, tutelada pola Universidade de Santiago e a Facultade de Ciencias da Educación a través d departamento de Didáctica de Ramón López Facal.

Desde esta materia os alumnos realizaron unha intervención no patio do seu instituto, deseñando e creando asentos con palés de cores e outras propostas de intervencións para o seu barrio. O grupo presentará o seu proxecto en Ludantia, I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e Xuventude, que estará en Pontevedra do 10 de maio ao 16 de xuño de 2018, en donde se mostrarán os proxectos educativos e se realizará un encontro profesional os días 10, 11 e 12 de maio.

Noraboa ao profesor Humberto Sánchez Gargamala e aos seus alumnos.

Moita sorte!