O luns, 18 de outubro de 2021, conmemórase no Auditorio Neira Vilas (Biblioteca de Galicia) o Día das Escritoras, homenaxeando a obra e figura de Xohana Torres, unha das autoras máis prezadas da lingua galega.
Montse Pena, profesora de didáctica da lingua e da literatura na Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do grupo RODA, xunto con Dores Vilavedra, profesora de literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela e secretaria do Consello de Cultura Galega, levarán a cabo unha conversa na que se revisará, desde unha perspectiva poliédrica e divulgativa, a traxectoria desta autora.