Enseñar y aprender en espacios arqueológicos

No marco do Proxecto EduPArq Educación patrimonial, paisaxe e sustentabilidade: os parques arqueolóxicos como contextos de aprendizaxes transversais (CNS2023-143823), coordinado por Leticia López Mondéjar, estanse a organizar as xornadas «Ensinar e aprender en espazos arqueolóxicos. Estratexias didácticas e enfoques transversais».

As xornadas celebraranse os días 28 e 29 de maio no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación e están dirixidas a persoas vinculadas ao eido da educación patrimonial, así como a equipos de educación e difusión de espazos arqueolóxicos, investigadoras/es e profesorado en xeral.

A idea é xerar un espazo de intercambio e reflexión sobre prácticas educativas, metodoloxías didácticas e experiencias de aprendizaxe arredor do patrimonio, con especial atención ao potencial dos espazos arqueolóxicos como contextos de aprendizaxe transversal.

A asistencia é de balde, con inscrición previa na ligazón ata o 18 de maiohttps://forms.gle/jgE3d7NCuKg65roC6
Recoméndase realizar a inscrición con antelación.

Expedirase certificado de asistencia