Nun programa da canle Maldita Educa, que colabora co FECYT, titulado Método científico contra las pseudociencias y negacionismos en el aula, pódese ver a entrevista coa profesora Blanca Puig, que trata sobre como abordar as metodologías científicas na aula. É necesario que o alumnado desenvolva un pensamento crítico e saiba cando aplicar as metodologías científicas e categorizar e valorar a información que recibe para poder tomar as súas propias decisións. Nesta entrevista, Blanca Puig céntrase en como ensinar ciencias desenvolvendo o pensamento crítico, facendo fincapé en que o importante non é o contido, senón como se ensina.