DEFENSA DE TESE DE DOUTORAMENTO “O desenvolvemento das prácticas científicas de construción e uso de modelos e probas: un estudo lonxitudinal en educación infantil”

O vindeiro mércores 28 de febreiro terá lugar a defensa da tese de doutoramento titulada “O Desenvolvemento Das Prácticas Científicas De Construción E Uso De Modelos E Probas: Un Estudo Lonxitudinal En Educación Infantil” por unha das compañeiras do grupo RODA.

A tese ten como obxectivo examinar a participación do alumnado de educación infantil nas prácticas científicas de uso de probas e o uso e construción de modelos e explicacións e como esta participación evoluciona ao longo da etapa. Acompáñase a un grupo durante toda a etapa de educación infantil e a outro grupo no mesmo centro, durante o terceiro curso de educación infantil. Os resultados indican que nenas e nenos participan nas prácticas científicas con crecente autonomía e complexidade a medida que avanzan na etapa

Autora: Dona Sabela Fernández Monteira

Directora: Dra. María Pilar Jiménez Aleixandre

Tribunal

Presidenta: Dra. Lucy Avraamidou. Institute for Science Education and Communication. Groningen
Secretaria: Dra. Beatriz Crujeiras Pérez. Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela
Vogal: Dr. Jaume Ametller Leal. Facultat d’Educació i Psicologia. Universitat de Girona.

Data e hora: Mércores 28 de febreiro, 17:30h

Lugar: Sala de Xuntas (aula María Barbeito). Facultade de Ciencias da Educación. Campus Norte.