“Galiciencia 2022”

A doutoranda María Villar e a súa titora, a profesora Paloma Blanco, han presentado, coa colaboración da docente de Formación Profesional Sabela Fernández, un proxecto científico en Galiciencia 2022, a maior feira científica que se celebra en Galicia desde o ano 2006. Este proxecto, deseñado no marco da tese de María Villar e que se está desenvolvendo no CIPF Politécnico de Lugo, pretende achegarse ao mundo real da investigación biomédica mediante a realización de prácticas científicas, utilizando o peixe cebra como organismo modelo.