RODA: grupo de referencia en investigación na área de Educación e no conxunto das Ciencias Sociais

Dous novos proxectos de investigación en educación do GI Roda obteñen financiamento na convocatoria do “Programa Estatal de Generación de Conocimiento y Fortalecimiento Científico y Tecnológico del Sistema de I+D+i”.

Acaba de publicarse a resolución provisional da convocatoria anual, do Plan Estatal de Proxectos de investigación. Os dous proxectos da área de Educación que foron seleccionados na USC corresponden a equipos de investigación do Grupo Roda. Trátase do proxecto de Didáctica das Ciencias Experimentais co título “Promoviendo el desarrollo del pensamiento crítico y de las dimensiones de implicacion cognitiva y emocional de los desempeños epistémicos en las clases de ciencias en la era de la posverdad” do que é IP Blanca Puig Mauriz e o de Didáctica das Ciencias Sociais, co título “Dimensión emocional y temas controvertidos en la formación del profesorado” (EMOCOM) do que é IP Ramón López Facal.

O GI Roda felicítase por este novo fito que nos consolida como un dos grupos de referencia na investigación na área de Educación e no conxunto das Ciencias Sociais.