II Seminario RedGEN DCCSS

O día 21 de outubro de 2021 ás 17.00 h terá lugar o II Seminario RedGEN DCCSS, titulado Conceptos básicos para coeducar en DCCSS. Este seminario terá acceso aberto a través desta ligazón.

A relatora convidada, Concepción Aparicio, pertencente ao Corpo Superior de Administradores Civís do Estado, traballou durante tres anos en Violencia de Xénero en contacto directo coa Policía Nacional e Garda Civil no seguimento dos casos e desenvolvendo un intenso traballo de sensibilización en escolas, asociacións e entidades da sociedade civil.