Este xoves e venres, 3 e 4 de novembro de 2022, celebráronse en Pontevedra as II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial. Estas foron organizadas conxuntamente entre a Universidade de Santiago de Compostela, concretamente, desde a área de Didáctica das Ciencias Sociais do grupo RODA e o Museo de Pontevedra nun traballo de colaboración intenso.
Estas xornadas ofreceron un achegamento aos museos e á educación patrimonial a través de dous relatorios, varios workshops, tres mesas redondas (que contaron coa participación de investigadoras doutras facultades de España e Portugal e profesionais vinculados/as ao museo), dous talleres simultáneos e unha sesión de posters.
As Xornadas organizáronse por segundo ano consecutivo co obxectivo de continuar sendo o foro para o diálogo entre diferentes axentes que desenvolven o seu traballo no campo da educación en museos e universidades de Galicia, España e Portugal.
Parte do comité organizador desde a esquerda: María Jesús Rubio Visiers (Museo Arqueolóxico Nacional-non pertencente ao Comité Organizador), Manuel Barreiro Mariño (Universidade de Santiago – Comité Organizador), Julia Feijóo Outumuro (Universidade de Santiago – Comité Organizador), Ana Portela Fontán (Universitat de Barcelona – Comité Organizador e Coordinación Xeral) e Leticia López Mondéjar (Universidade de Santiago – Comité Organizador e Coordinación científica)
Belén Castro Fernández (Universidade de Santiago – Dirección) e José Manuel Rey García (Director do Museo de Pontevedra – Dirección)
Desde a esquerda: Laura Lucas Palacios (Universidade Complutense de Madrid – Mesa Redonda 1), Cosme Gómez Carrasco (Universidade de Murcia – Mesa Redonda 2), Myriam J. Martín-Cáceres (Universidade de Huelva) e Ramón López Facal (Universidade de Santiago de Compostela)
Relatorio de María Jesús Rubio Visiers (Museo Arqueolóxico Nacional)
Obradoiro 1: Recuperar a memoria desde o cotián – Beatriz Gallego, Labrit patrimonio.
Taller 2: Comunidades patrimoniais – Ángel Portolés Górriz, Projecte Patrimoni. Programa d’Extensió Universitària – PEU. Universitat Jaume I
Posters vistos desde o interior
Posters vistos desde o exterior
Resumen de privacidade
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible.A información das cookies gárdase no navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estrictamente necesarias deben estar sempre activadas para que poidamos gardar as súas preferencias de configuración de cookies.Estas cookies son:
Sesión de usuario
Comentarios
Seguridade
Aceptación de cookies
Se desactivas esta cookie, non poderemos gardar as túas preferencias.Isto significa que cada vez que visites este sitio web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.