III Xornadas de Educación Patrimonial de Galicia
20,21,27 e 28 de setembro do 2019
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur)
Nova edición das Xornadas de Educación Patrimonial de Galicia, promovida e financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, coa colaboración da Consellería de Educación (Plan Proxecta) e organizada polo grupo RODA da Universidade de Santiago de Compostela.
As Xornadas de Educación Patrimonial pretenden ser un foro para compartir experiencias que se están desenvolvendo en Galicia: proxectos educativos de aula e de centro e actividades e recursos en espazos patrimoniais.
Consulta o programa completo:
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN E ENVÍO DE RESUMOS E COMUNICACIÓNS: 15 DE XULLO
A inscrición é gratuíta e a actividade conta coa homologación da Consellería de Educación. Xa pode realizarse a través da páxina web: https://www.xornadasepgalicia.gal/inscricion/
Esperamos a vosa colaboración!