III Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial

As Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial celebraránse os días 14 e 15 de decembro e terán como tema ‘Coñecementos compartidos‘.

As xornadas pretenden poñer en común experiencias relevantes no eido da educación patrimonial por parte de profesionais e persoal investigador de museos, profesorado de centros educativos, universidades e outras entidades de Galicia, España, Portugal e Suíza.

O programa completo, que podes consultar na web das xornadas, inclúe conferencias, mesas de debate, obradoiros, espazos de diálogo e unha sesión de presentación de investigacións e experiencias prácticas.

Se tes interese en acudir, xa está aberta a inscrición gratuita ás xornadas, tanto para asistir como público, como para participar cunha presentación en formato póster.  

Datas importantes:

  • Envío da proposta (resumo máximo 300 palabras) antes do 17 de novembro.
  • Envío do póster antes do 27 de novembro.
  • Os pósteres aceptados serán impresos pola organización das Xornadas. Ficarán expostos durante as Xornadas nun espazo común e serán comentados nunha sesión específica, coordinada para promover o diálogo e a participación (ver programa).

Habilitarase tamén a opción de presentación telemática dos pósters.