O próximo venres día 5 de maio, Blanca Puig, profesora na área de Didáctica de Ciencias abrirá as “Jornades d’Ensenyament de les Ciències. Investiguem la biodiversitat” coa ponencia inagural: “Desarrollar la cultura oceánica para proteger la biodiversidad marina. Ahora es el momento”, centrada na integración da Cultura Oceánica educación científica.
A ponencia presentará investigacións RODA desenvolvidas pola investigadora en colaboración con investigadoras/es do CSIC e a profesora de bioloxía Noa Ageitos, colaboradora do GI RODA.
As Xornadas, desenvolvidas na Universidade de Vic, no marco dun proxecto FECYT sobre biodiversidade, incluirán diversos talleres didácticos, nos que participará a propia B. Puig impartindo un obradoiro que inclúe unha simulación sobre o impacto dos plásticos e microplásticos na biodiversidade mariña. O obradoiro pretende concienciar acerca do uso dos plásticos e os seus impactos na saúde do océano, e presentar un modelo sobre como introducir esta problemáticas involucrando ao alumnado en procesos de modelización e na realización de simulacións.