Última reunión transnacional – Proxecto Europeo P2D

Paloma Blanco Anaya e Blanca Puig, profesoras e investigadoras da área de Didáctica de Ciencias Experimentais, participan en Izmir, Turquía, estes días na última reunión do Proxecto Europeo Erasmus + P2D sobre Design-Based Pedagogy na formación STEM.

Nesta reunión participan os distintos equipos do proxecto co fin de discutir resultados de investigación e transferencia relacionados coa integración do pensamento crítico en deseños STEM elaborados e implementados nos distintos países participantes. 

Blanca Puig (primeira desde a dereita) e Paloma Blanco (segunda desde a dereita) na reunión final.