Libro do proxecto Europeo

Está dispoñible o libro en aberto: “Design Based Pedagogy Book. Design Based Pedagogical Content Knowledge Across Teacher Education Programs” desenvolto no Marco dun proxecto Euopeo Erasmus + “ Progression and Pedagogy of Design: Contextualizing Design& nbsp; basedPedagogy& nbsp; in Teacher Education Programs ( P2D)” , no que participa a área de Didáctica das Ciencias RODA.

As autoras presentan, no capítulo 4 deste libro, algunhas chaves para deseñar tarefas STEM nas que se integre o pensamento crítico. As/os docentes interesados en fomentar o pensamento crítico nas súas aulas mediante actividades STEM, poden acceder neste capítulo a deseños STEM orientados á elaboración de prototipos/artefactos polo alumnado. Os deseños requiren da mobilización de destrezas de pensamento crítico e prácticas científicas por parte dos estudantes.