Publicouse recentemente un monográfico de Alambique titulado “Xenética e Evolución“, que foi coordinado pola profesora Blanca Puig e inclúe varias achegas de autoras de RODA sobre a evolución e as vacinas.
Este monográfico engloba traballos relacionados coa xenética e a evolución para a súa aplicación na aula de secundaria. Pretende dar os primeiros pasos para a consecución dun tratamento curricular integrado de xenética e evolución, sendo o foco de atención dar a coñecer propostas innovadoras formuladas por distintos equipos de profesorado e investigadores e investigadoras de España e fóra de España. Ofrécese unha perspectiva de aprendizaxe de ciencias contextualizada para a activación de ideas científicas mediante simulacións, modelos e análise crítico de eventos científicos.