Acábase de publicar un novo libro da editorial Graó, titulado Pensar cientificamente. Problemas sistémicos e acción crítica.
As compañeiras da área de Didáctica das Ciencias Experimentais e autoras do libro, Blanca Puig, Beatriz Crujeiras e Paloma Blanco, forman parte da súa coordinación.
Este libro reúne unha serie de propostas didácticas con recursos innovadores e actividades orixinais sobre problemáticas sociocientíficas para promover o razoamento científico e o pensamento sistémico na aula de ciencias. O seu obxectivo é contribuír á mellora do ensino e aprendizaxe de ciencias en contextos relacionados coa saúde planetaria que requiren de medidas colectivas e institucionais urxentes, así como do noso compromiso individual e acción crítica.