Novo recurso docente publicado en SM

Investigadoras e docentes da área de Didáctica de Ciencias Experimentais do GI RODA publicaron recentemente, xunto con expertos do CSIC en comunicación científica, un novo recurso docente sobre Cultura Oceánica en SM, titulado “Vida microscópica marina. Actividades para entender y proteger el mar”. Este recurso foi creado para traballar a abordaxe de problemas sistémicos relativos ao medio mariño no ensino secundario, incluíndo seis actividades para coñecer e protexer a vida mariña.

Trátase da segunda entrega de recursos para SM, baseados no traballo conxunto de Blanca Puig e Noa Ageitos, xa que, anteriormente, estas dúas investigadoras, publicaran materiais didácticos deseñados para a abordaxe de controversias de saúde na aula de secundaria en SM. Nesta ocasión, a publicación foi conxuntamente cos expertos en comunicación científica do CSIC, Pilar Riobó, Lara García e José Pintado.