O PENSAMENTO CRÍTICO EN EDUCACIÓN SUPERIOR. O PROXECTO CRITHINKEDU

O PENSAMENTO CRÍTICO EN EDUCACIÓN SUPERIOR. O PROXECTO CRITHINKEDU

25 de abril, de 17 a 19 horas, Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte

Web do PROXECTO: http://crithinkedu.utad.pt/en/crithinkedu/

Blanca Puig e Paloma Blanco Anaya, membros do G.I. RODA, organizan a actividade O pensamento crítico en Educación Superior. O proxecto Crithinkedu, que ten coma obxectivo presentar o proxecto Europeo Erasmus + “Critical Thinking Across the European Higher Education Curricula” (CRITHINKEDU) sobre ensinanza de Pensamento Crítico en Educación Superior e difundir parte dos resultados do proxecto do equipo USC  relativos á ensinanza de pensamento crítico.

Utilizarase unha metodoloxía participativa involucrando aos participantes nun grupo de discusión sobre o pensamento crítico e formas de promovelo na aula. A actividade estructúrase en tres partes:

1) Presentación do proxecto CRITHINKEDU

2) Grupo de discusión sobre Pensamento Crítico

3) Presentación de resultados de investigacións realizadas no marco do proxecto e discusión sobre as súas posibles aplicacións a outros ámbitos de ensino

INSCRICIÓN: ABERTA ao alumnado do Programa de Doutoramento en Educación e profesorado interesado en introducir e fomentar o pensamento crítico nas aulas.

A asistencia á actividade será rexistrada mediante folla de sinaturas.