Proxecto: “Ferramentas didácticas en biotecnoloxía para o alumnado de formación profesional”

Os alumnos do Ciclo Superior de Laboratorio Clínico e Biomédico do CIFP Politécnico de Lugo inician o proxecto “Ferramentas didácticas en biotecnoloxía para o alumnado de formación profesional” seleccionado na Convocatoria Axudas Dualiza CaixaBank e FP Empresa desenvolto pola profesora-colaboradora de RODA, Sabela Fernández Vila, e no que participan membros do grupo de investigación RODA, María Villar e Paloma Blanco, en colaboración co grupo ZebreBioRes.