Publicación de artigo en SCOPUS

Recentemente publicouse na revista SCOPUS o artigo“Not by Design Alone! Modelling Practices to Identify Students’ Frameworks of Evolution in Real-Life Contexts” relacionado coa investigación na área de Didáctica das Ciencias Experimentais. Trátase dun Special Issue sobre Evolución, cuxas autoras son Noa Ageitos (profesora de bioloxía, colaboradora de RODA), Laura Colucci-Gray (investigadora en Science Education na Universidade de Edimburgo) e Blanca Puig (profesora na USC e investigadora do grupo RODA).

O artigo trata sobre como o alumnado aprende a teoría da evolución mediante a modelización científica nun contexto real, baseándose nun estudo desenvolvido na tese de Noa Ageitos sobre este tema nunha aula de secundaria.

O destacable deste traballo de investigación publicado na revista, é o resultado do traballo en colaboración cunha investigadora de fóra de España, da Universidade de Edimburgo, con quen Noa e Blanca traballan conxuntamente desde fai máis de seis anos.