Publicación dun capítulo de libro en Springer

Publicouse recentemente o capítulo de libro Engaging in Argumentation as Critical Evaluation of the Anti- vaccination Movement, elaborado polas profesoras Blanca Puig e Noa Ageitos.

O capítulo presenta unha análise sobre a práctica de pensamento crítico na abordaxe do movemento anti-vacinas na formación inicial do profesorado.
Trátase dunha análise nova no que se analiza a relación entre a práctica de pensamento crítico e a súa relación co dominio do coñecemento en inmunología neste contexto.