Publicación dun novo número da revista Didáctica das Ciencias Experimentais e Sociais

Recentemente publicouse un novo número da revista “Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales” sobre experiencias e investigacións relacionadas coa didáctica das Ciencias Experimentais e Sociais. As compañeiras da área de Didáctica de Ciencias Sociais, Belén Castro Fernández e Julia Feijóo Outumuro, publicaron un artigo titulado “El mar en Galicia: Aproximación a su dimensión patrimonial en un aula de Educación Primaria”, que mostra unha intervención con alumnado de Educación Primaria co dobre obxectivo de identificar percepcións achega do mar na súa dimensión patrimonial e contribuír á construción dunha cidadanía socialmente comprometida e responsable coa contorna local.