(Re)presentando a nosa diversidade lingüística

O 23 de maio ás 10.30h presentáronse no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía os resultados da investigación relacionada co proxecto de investigación “I+D+I ‘EquilinGalicia: Espazos de transformación sociolingüística no contexto educativo galego: axencia dos falantes, repertorios multilingües e prácticas (meta)comunicativas”.

O evento contou coa presenza do decano da Facultade de Filoloxía, Elías Feijo Torres, das investigadoras Gabriela Prego Vázquez, María Caamaño Rojo e Luz Zas Varela, ademais do estudantado e profesorado do IES Manuel Murguía.

No marco das actividades deste proxecto de investigación, o alumnado do IES Manuel Murguía levou a cabo unha investigación en co-labor sobre os repertorios lingüísticos familiares e a diversidade lingüística da súa contorna, o instituto e o concello de Arteixo, desenvolvendo un minucioso traballo etnográfico en diferentes fases e con diversas actividades: enquisas, dramatizacións, videocreacións e microrrelatos.

O estudantado do IES Manuel Murguía participa neste estudo sobre diversidade lingüística en colaboración con investigadoras da USC