Reunión Científica e Escola de Doutorandos RED-14

O 29 e 30 de setembro celébrase en Madrid a 3ª Reunión Científica da Escola de Doutoramento de Red-14. Esta reunión ten como obxectivo ampliar a Rede con outros/as investigadores/as, novos doutores/as e doutorandos/as de distintas universidades, que desenvolvan a súa investigación en áreas de didácticas específicas e especialmente na área de Ensino-Aprendizaxe de Ciencias Sociais e Humanidades, para fomentar a colaboración, pero, sobre todo, o intercambio de experiencias.

Belén Castro Fernández, profesora da área de Didáctica das Ciencias Sociais, do mesmo xeito que membro do grupo RODA e da Red-14, forma parte do Comité organizador.