Desde o Grupo RODA desexamos convidarvos a participar na reunión sobre innovación en educación histórica en secundaria, que terá lugar o próximo martes 4 de outubro de 16:00 a 19:00 horas na Aula 3 da Facultade de Ciencias da Educación (avda. Xoán XXIII, campus Norte). A dispoñibilidade de espazos no centro é moi reducida pola tarde, polo que precisamos ser puntuais.
RODA está participando, con outras universidades españolas, nun proxecto piloto que coordina a Universidade de Murcia e que na reunión vai presentar o noso colega Cosme Gómez Carrasco. A idea principal é mellorar a formación inicial sobre o deseño e implementación de unidades didácticas de innovación para o ensino da Historia en secundaria. En concreto, orientar a intervención nas aulas do alumnado do Máster en Profesorado durante o Prácticum II (27 marzo a 5 maio): propostas de desenvolvemento de competencias históricas específicas (traballo con fontes, causalidade, etc.); instrumentos de técnicas para aula (Gamificación, proxectos…) etc.
Na reunión poden participar grupos e docentes que se ocupan de contidos históricos e que teñan interese en coñecer este proxecto. Podedes convidar a quen consideredes oportuno.

