O pasado venres 23 de febreiro tivo lugar un seminario para profesorado e investigadores/as en formación a cargo dos Dres. Benito Arias Martínez (Universidade de Valladolid) e Víctor Arias González (Universidade de Salamanca). Un encontro no que proporcionaron estratexias para mellorar a calidade das publicacións e as posibilidades de publicar en revistas de alto impacto.