Os días 18 e 19 de xaneiro de 2023 impartiráse, por Marilar Jiménez Aleixandre (USC) e Jairo Rodríguez Medina (UVa), o Seminario de formación en Metodoloxía de investigación en Educación.
Lugar: Aula 51 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Programa:
- Mércores 18 de xaneiro: 16:00-19:00h. Investigación da argumentación nun enfoque sociocultural: ferramentas contra a “postverdade”.
- Xoves 19 de xaneiro: 10:00-13:00h. Métodos mixtos na investigación educativa: Unha proposta no marco da observación sistemática.
O Seminario está aberto á participación de calquera alumna e alumno de doutoramento dos Programas de Educación, estudantes do Máster en Profesorado, profesorado universitario e, en xeral, toda persoa interesada nas técnicas e instrumentos da investigación educativa.
Precísase realizar previamente a inscrición (que é gratuíta) cubrindo o seguinte formulario: https://forms.office.com/e/MJE2t75S3A
Para as persoas asistentes ao seminario expedirase a certificación correspondente.
Persoas de contacto (pertencentes ao GI-RODA):
- Director do Seminario: Ramón López Facal (ramon.facal@usc.es) e Cosme Gómez Carrasco (cjgomez@um.es)
- Coordinadora: Belén Castro Fernández (belen.castro@usc.es)
- Secretaría: Julia Feijóo Outumuro (julia.feijoo.outumuro@usc.es)
