Seminario de Formación para Investigadores/as sobre o «Ensino nas Ciencias», impartido polos profesores Luiz Gustavo Franco e Ludmila Fernandez  Kelles  (Universidade Federal de Minas Gerais, Brasil).

28 mayo, 2026

O próximo venres días 29 de maio ás 10.30 h, na Sala de Xuntas da facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte, Santiago de Compostela), terá lugar un seminario de formación para investigadores cunha duración de 2 h, que integrará dúas charlas dos profesores Luiz Gustavo Franco e Ludmila Fernandez Kelles, da Universidade Federal de Minas Gerais (Brasil). Ambos están realizando unha estadía de investigación e formación na Área de Didáctica de Ciencias do GI-RODA, e no Instituto de Ciencias da Educación da USC.

Con este seminario, preténdense compartir marcos de traballo e enfoques de análise nunha liña de investigación compartida entre ambos equipos, centrada na Análise do Discurso no ensino de Ciencias. 

As comunicacións que se presentarán son as que seguen:

Charla 1. «Discurso e vida cotiá nas aulas de ciencias» 

Presentación e discusión de marcos teóricos da Antropoloxía e da Análise do Discurso para investigación na Área de Didáctica de Ciencias e outras didácticas específicas.  

Luiz Gustavo Franco: profesor da Facultade de Educación na UFMG (Brasil), biólogo e doctor en Educación; realizando actualmente unha estadía na área de Did. de Ciencias do GI-RODA (USC).

Charla 2. Confianza na ciencia e desafíos da alfabetización científica mediática

Desafíos da alfabetización mediática ante a desinformación e presentación de propostas didácticas e análise de datos da investigación en curso. 

Ludmila Fernandes Kelles: profesora de Ensino Secundario en Brasil, bióloga e Máster en Educación. Estudante de doutorado en Educación na UFMG (Brasil); realizando actualmente unha estadía na área de Did. de Ciencias do GI-RODA (USC).

O seminario consistirá na presentación dos temas previstos, contando con 30 min. para cada charla e un tempo de discusión, ao remate de cada unha delas, de 15 min., podendose ampliar este tempo se a situación o demanda por ter un debate aberto de interese para todas e todos.